Agolada, 2008

miércoles 11 de junio de 2008

CONTINUIDADE DESTA PÁXINA

Varios compañeiros da pasada Xuntanza en Agolada indicaron a oportunidade de continuarmos con este blog. Nese caso sería oportuno darlles permiso a todos os asistentes para participar no mesmo.
Gustaríame que deixásedes a vosas opinións ao respecto nos comentarios desta entrada. E igualmente poderiamos ir perfilando algo os contidos sen coartar a liberdade de ninguén. Iso si, conviría darlle un nexo de cohesión e coherencia.

7 comentarios:

Marcus dijo...

Manter esta páxina nun principio está moi ben aínda que sexa só para encontros posteriores.
A ver se así podemos continuar a relacionarnos e non nos esquecemos uns dos outros.

aopedofarelo dijo...

Non sei si ten moita utilidade. CAda un de nos ten o seu propio blog, e penso que do que se trata é de estar en contacto ao travès del, botando unha ollad cando temos posibilidades, tempo, necesidade de saber dun dos outros, ou simplemente curiosidade.
Quizas xa non ten sentido manter esta ligazon......quizais mais adiante si poidamos facer outra xuntanza, eu dende logo que estou disposto.
De calquera xeito o que decidades a maioria.....

Ana dijo...

Creo que non ten moita razón de ser,unha vez terminó a xuntanza.
Cuando se pense facer outra,sempre se pode abrir outro link.

Bicos

bagoas insomnes dijo...

ups!
pois era das que quería que si, que isto tiña que continuar!

non sei se nesta dirección ou noutra que creemos, pero non sería fermoso facer un blo conxunto!
a ver a ver q penso, veña!
a dar ideas!

A zanfonista dijo...

Eu creo que a páxina ten que continuar. Paréceme ben. Bicos.

Mariola dijo...

Vexamos... todo tén a súa utilidade. Se se quere continuar co blogue, haberá que darlle un senso que ultrapase o da propia xuntanza.

Doutro xeito, non tería senso continuar con el, non é? Non imos estar regocixándonos sempre na reunión do 31 de Maio, certo?

Se se propón algo creativo, contade co meu traballo e apoio (teriamos que reunirnos para tratar o tema :D ).

Un saúdo agarimoso

Anónimo dijo...

Daria cualquier cosa`por saber los dialectos.
mem.