Agolada, 2008

martes 6 de mayo de 2008

NOVEDADES

A listaxe de inscritos pasámola á marxe esquerda.
Ide deixando recado aquí nos comentarios de calquera nova relativa á Xuntanza.
Seguindo o criterio de Calidonia optamos por facermos unha mesa redonda espontánea e voluntaria cos blogueiros presentes nos Pendellos para tratarmos a actualidade do mundo dos blogs. Dese xeito quedaría obviada calquera ponencia ao respecto.

8 comentarios:

Vicente dijo...

Ola:
Veño de saber o da xuntanza, que me parece unha idea boísima. O meu blog titúlase:
Vicente Montoto, autoblografía.
Está na BLOGOTECA.COM
O luns pasarei polo banco para facer o ingreso.
Moitas gracias pola iniciativa, e tamén polo esforzo organizativo que vexo estades levando a cabo.
Un saúdo.
Vicente

aopedofarelo dijo...

Anotado quedas, Vicente
Xa falaremos o 31, podes poñer no teu blogs a informacion da xuntanza, e seguir extendedo a rede.
Grazas.

rebordondo dijo...

Hola alegrome destas iniciativas aunque eu non poda ir,pero deixaremos o anuncio deste evento no noso bolg. www.blogoteca.com/rebordondo
saudos e sorte.

prometeo dijo...

Teño un pequeno problema. Encantariame ir, pero hai pouco sufrín un accidente que deixoume una perna a "virulé", e non poido conducir. Gostariame moito non perderme o evento, con que se hai alguén que pase por Santiago ou saía de aquí, e tivera a ben levar a un pobre coxo, prometo darlle conversación ata Agolada.
O meu mail é oetemorp@gmail.com
Un abrazo a todos

busto.agolada dijo...

Prometeo non pode quedar na casa. Aos blogueiros de Santiago me dirixo. El promete boa conversa, que non é pouco.
Un saúdo e saúde para Prometeo.

Mariola dijo...

A ver, eu recollo a Prometeo, mándolle e-mail se iso.

Xa fixen o ingreso da pasta, por min (Navicularia) e por Bila.

Beijosmil

prometeo dijo...

Ide apuntando un coxo mais a festa. Mañá me acerco polo banco.
Gracias Mariola.

O blog de Xosi dijo...

Como non hai oficina do Santander en Melide, fíxenlle o encargo a miña nai, que ingresará os cartos na sucursal de Palas de Rei. Seguide contando con dúas persoas dende este blog para o 31 de maio.