Agolada, 2008

lunes 12 de mayo de 2008

ITINERARIOS DESDE VIGO, PONTEVEDRA, OURENSE, MONFORTE E LUGO

Para irmos desde Vigo ata Agolada (109 Kms.) saímos pola A-9 ata Pontevedra Sur. Na rotonda collemos dirección Ourense, por Marcón. En Ponte Bora encontramos a estrada N-541. Collemos á dereita e dirixímonos a Cerdedo. Catro quilómetros máis adiante viramos á esquerda para irmos ata Lalín. Desde Lalín buscamos a dirección a Lugo e só nos quedan 16 Kms.
Desde Pontevedra (91 Kms.), o itinerario é o mesmo có anterior desde Ponte Bora.
Desde Ourense (66 Kms.), sáese pola N-525 ata Cea. Desde aquí cabe a opción de seguir ata Lalín pola autovía A-53. En Lalín seguimos en dirección a Lugo. Agolada está a 16 Kms.
Desde Monforte (65 Kms.) cóllese o corredor que pasa por Escairón e Chantada (C-533). Ao chegar a Rodeiro, 100 metros máis adiante da rotonda da Roda, apártase á dereita. Por unha estrada magnífica chégase a Agolada cando levamos percorridos 15 Kms.
A estrada N-640) une Agolada e Lugo. Desde Lugo (52 Kms.) saímos cara a Guntín . Ao chegar a Ventas de Narón desviámonos á dereita por Monterroso. Quince quilómetros despois de Monterroso xa estamos en Agolada.
A Paideleo que ven desde O Porriño indicámoslle que veña pola A-52 ara Ribadavia. Desde aquí, por Carballiño ata encontrar a nova autovía Ourense -Lalín, catro quilómetros despois de O Carballiño. Por autovía ata Lalín, onde se recomenda saír en Lalín Sur e seguir os tres últimos quilómetros pola N-525. Na primeira rotonda de Lalín seguimos dirección Lugo e ata Agolada.