Agolada, 2008

jueves 1 de mayo de 2008

É HORA DE INSCRIBIRSE PARA A XUNTANZA DE BLOGUEIROS EN AGOLADA

Directiva e socios de Amigos dos Pendellos estaremos enormemente ledos coa presenza dos blogueiros que desexen participar nesta Xuntanza que nos honramos en organizar.
Temos un programa de actos confirmado (tan só nos falta concretar quen vai disertar sobre a actualidade dos blogs). Comunicáronnos a súa asistencia varias decenas de blogueiros e participantes. E desexamos que sexan bastantes máis. Animámosvos a que vaiades facendo un oco na vosa axenda e decidades acudir a Agolada para compartir unha xornada singular e podérmonos coñecer.
Todos os que comunicastes a vosa asistencia e os que aínda non o fixeron, ide facendo o ingreso ou transferencia de 20 € por persoa na conta bancaria da Asociación Amigos dos Pendellos.
BANCO DE SANTANDER
C/ San Pedro de Mezonzo, 3. Santiago de Compostela
0049 5918 64 2195227733.
No apartado de concepto, expresade o nome do blog (os que o teñan) e o número total de persoas que acudiredes. Conservade o resgardo do ingreso ou transferencia.
Xa vos indicamos que a vosa aportación destínase a pagar o xantar e parte do autobús/autobuses que fletamos para irmos xuntos ata o Sobreiral do Arnego (na foto de arriba), onde realizaremos unha ruta de sendeirismo.
Decidimos que a data tope para inscribirse sexa o 23 de Maio de 2008.
Elaboraremos unha listaxe dos que vaian inscibíndose e publicarémola día a día nun apartado deste mesmo blog.
Deixámosvos un teléfono para resolver posibles dúbidas: 616 581025

2 comentarios:

Mariola dijo...

E para iso de recitar...será aberto e improvisado ou hai que facer tamén uha listaxe?

Unha aperta

Neves

busto.agolada dijo...

Se nos ides confirmando quen quere participar, trataremos de darlles cabida a todos, con espontaneidade e sen a rigorosidade dun programa estrito.
Apertas e espero verte o 31.