Agolada, 2008

sábado 3 de mayo de 2008

CÓMO CHEGAR A AGOLADA DESDE A CORUÑA E SANTIAGO

Neste mapa detallamos os itinerarios máis lóxicos para acudir á Xuntanza do póximo 31 de maio. Desde A Coruña (91 Kms.) cóllese a autopista (AP-9) e séguese pola autovía (A-6) ata a saída que indica Oza dos Ríos e Curtis. E xa sen desvíos, na C-540 pasamos por Présaras, Melide e chegamos a Agolada. No Stop do cruce en Agolada, tomamos a rúa que vai en diagonal, ao frente e xa estamos na Praza do Concello.



Desde Santiago de Compostela (65 Kms.) caben dúas opcións: dirixirse a Lalín pola autopista AP-53 ou pola estrada N-525. Se se elixe a autopista, aconséllase saír en Lalín Norte e ao chegar á primeira rotonda que hai na entrada de Lalín seguir pola ronda Leste ata a quinta rotonda (ao lado do Eroski), de onde sae a estrada N-640 que vai a Agolada e continúa cara a Lugo.
Outra opción de idéntica distancia é por Labacolla, Arzúa, Melide e desde aquí coller á dereita cara Agolada.

(Ofreceremos outro mapa con outros itinerarios desde as principais localidades galegas).